O termo: Analóxico
Refírese ás magnitudes ou valores que varían co tempo en forma continua como a distancia e a temperatura, a velocidade, que poderían variar moi lento ou moi rápido como un sistema de audio. Ver reloxo analóxico (lado esquerdo do diagrama)
Na vida cotiá o tempo represéntase en forma analóxica por reloxos (de agullas), e en forma discreta (dixital) por displays dixitais.
Na tecnoloxía analóxica é moi difícil almacenar, manipular, comparar, calcular e recuperar información con exactitude cando esta foi gardada, en cambio na tecnoloxía dixital (computadoras, por exemplo), pódense facer tarefas moi rapidamente, moi exactas, moi precisas e sen deterse.
A electrónica moderna usa electrónica dixital para realizar moitas funcións que antes desempeñaba a electrónica analóxica.
Un exemplo moi evidente é o feito de que a música actualmente grávase en discos compactos (CD's), que previamente foi convertida a formato dixital do orixinal que é o formato analóxico.
O equipo creado para reproducir a música gravada desta maneira está chea de circuítos lóxicos dixitais.
A diferenza, os discos de acetato (os discos de 45 r.p.m. e L.P. de cor negra) utilizaban unha agulla que percorría os sucos no disco para poder reproducir a música gravada en forma analóxica.
Ninguén dúbida da calidade dos discos compactos de hoxe, pois teñen un son excelente.
Neumática
-
Neumática
*Energía neumática*: diferencial de presión de aire utilizada
para provocar movimiento en diferentes sistemas (para inflar
neumáticos y o poner...
Hace 14 años
No hay comentarios:
Publicar un comentario